Contacto | Tel.:986 88 03 00

Axudas na ARI vila de Marín

ÁMBITO DE APLICACIÓN DAS AXUDAS:

Que vivendas/edificios están dentro do programa de axudas Ari?

 

O conxunto do ámbito que delimita a Área de Rehabilitación Integral-ARI- Casco Vello e Banda do río Lameira ocupa una superficie total de 10,9 ha e comprende un total de 477 edificacións en 514 unidades parcelarias catastrais distribuídas, segundo plano adxunto, ao longo das 37 rúas seguintes:

 

CASCO VELLO (24) BANDA DO RÍO LAMEIRA (13)
Alcalde José del Río* Banda do Río
Almuiña Banda do Río A
Augusto Miranda Banda do Río B
Busto de Abaixo (nº del 15 ao 52) Banda do Río C*
Calzada Banda do Río D*
Canexón Teimón Escola Tiro Naval Janer (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26, 28, 30, 32, 34, 36, 38, 40, 42, 44, 46 y 48)
Caracol Fonte
Concepción Arenal (nº 1, 3 y 5) Forte
Doutor Touriño (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18 y 20) Fotelos*
Echegaray Guillerma
Ejército y Marina Lameira
Forno Peirana
Jaime Janer (nº 2, 4 , 6, 8 y 10) Peñón
Ponte
     Ponte Zapal
Real
Ribeira de Abaixo
Ribeira do Medio*
Ribeira de Arriba
Secundino Lorenzo Calvelo
Serafín Tubío
Sol
Travesía Forno
Veiguiña

* non hai números no ámbito

planoarinuevo

ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS EDIFICACIÓNS NO ÁMBITO DA ARI CASCO VELLO E BARRIO DA BANDA DO RÍO LAMEIRA (plano 05 Memoria-Programa para a declaración de Ari, marzo 2015)

REQUISITOS E CUANTIFICACIÓN DAS AXUDAS:

Quen pode solicitar as axudas e que tipo de subvencións se poden percibir?

Beneficiarios:

  • Propietarios/as
  • Arrendatarios/as
  • Titulares dalgún dereito de uso

Actuacións subvencionables:

  • Obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, a fin de adecualos á normativa vixente.
  • Honorarios dos profesionais, custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados necesarios.
  • Gastos derivados da tramitación administrativa debidamente xustificados.

Condicións particulares:

  • Os edificios de vivendas deberán entregar, xunto coa solicitude, unha copia do Informe de Avaliación do Edificio cumprimentado e subscrito por técnico competente
  • Non se subvencionarán obras ou partidas iniciadas con anterioridade á visita técnica da oficina ARI nin aquelas obras rematadas no momento da solicitude das axudas.
  • Antigüidade dos edificios deberá ser maior de 10 anos e as vivendas serán destinadas a domicilio habitual e permanente para uso propio ou aluguer durante, como mínimo, 5 anos desde a data de remate das obras.
  • No caso de vivendas unifamiliares destinadas a uso propio, a unidade familiar non poden superar ingresos superiores a 6.5 veces o Iprem.

Contía das axudas:

  • 35% do orzamento protexible
  • Contía máxima da subvención: 11.000 €/vivenda

LUGAR E PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS:

Onde e cando se poden solicitar as axudas?

Lugar:

As solicitudes tramitaranse a través da Oficina Municipal de Rehabilitación (ARI) e deberán contar coa visita técnica e informe previos.

Prazo:

 

O prazo de presentación de solicitudes estivo aberto ata o pasado 17 de agosto de 2016, tal e como figura no extracto publicado no BOP da Provincia de Pontevedra, nº136 do 18/07/2016 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.boppo.depo.es/bop-v2-portlet/download?id=idd_910D480C-5E4E-4957-B622-65CBD064CBE4&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20160718.2016028529.pdf

Nembargante, para todas aquelas persoas que non puideron solicitar as axudas en dito prazo e estean interesadas en rehabilitar as súas vivendas/edificios ao abeiro do Plan de Vivenda en vigor, poden solicitar información, asesoramento e inscribirse na base de datos da Oficina Municipal de Rehabilitación de cara a próximas convocatorias de axudas.

Para máis información consúltese:

  1. O Real Decreto 233/2013 que regula o Plan Estatal de vivenda 2013-2016, no BOE nº 86 do 10 de abril de 2013 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/10/pdfs/BOE-A-2013-3780.pdf

  1. O Decreto Autonómico 18/2014 que desenvolve o Plan Estatal, no DOG nº38 do 25 de febreiro de 2014 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioCA02-200214-0001_gl.html

  1. O Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia, no DOG nº206 do 28 de outubro de 2014 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141028/AnuncioC3Q2-201014-0003_gl.html

  1. A Orde pola que se determina a efectividade das liñas de axuda previstas no R.D. 233/2013, no BOE nº 292 do 3 de decembro de 2014 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.boe.es/boe/dias/2014/12/03/pdfs/BOE-A-2014-12560.pdf

  1. A Orde pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Rexeneración e Renovación urbanas do Plan estatal de vivenda 2013-2016, no DOG nº52 do 17 de marzo de 2015 ou a través da seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150317/AnuncioCA02-110315-0001_gl.html

  1. A Ordenanza Municipal reguladora das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación integral da Vila de Marín publicada no B.O.P. da Provincia de Pontevedra, nº172 do 6 de setembro de 2012 ou a través da seguinte ligazón:     Enlace a Ordenanza Municipal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies