Contacto | Tel.:986 88 03 00

Ari

Que é a oficina de Rehabilitación Ari de Marín?

O 17 de outubro de 2012 a Oficina Municipal de Rehabilitación Vila de Marín comeza a súa actividade ao abeiro do acordo da Comisión Bilateral (Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia) relativo ao financiamento das Areas de Rehabilitación Integral (en adiante ARI) na Comunidade Autónoma de Galicia para obxectivos do período 2011 (1ªFASE), dentro do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

O obxectivo esencial e prioritario da Oficina Municipal de Rehabilitación é acadar as actuacións previstas no Casco Vello e no barrio da Banda do río Lameira de Marín, declarado ARI pola Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas o 16 de setembro de 2015, reconducindo a necesidade de recuperación dos valores de referencia dun dos seus núcleos máis antigos, tanto no que se refire á súa imaxe como ao do seu ambiente urbano.

FUNCIONAMENTO:

Que xestións realiza a oficina?

As xestións a realizar pola Oficina Municipal de Rehabilitación son, entre outras:

  • Recoller todas as solicitudes das persoas interesadas en realizar actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, en especial, no ámbito ARI declarado pero tamén para o resto do ámbito municipal
  • Prestar asesoramento e información ao público sobre as actuacións comprendidas no Plan de Vivenda vixente así como outras axudas públicas en materia de vivenda
  • Facilitar a máxima información e prestación de asesoramento técnico ou de calquera outro tipo que demanden as institucións, asociacións, propietarios, comerciantes e da poboación en xeral de cara á completa rexeneración e revitalización do barrio
  • Realizar visitas técnicas, previas á solicitude das axudas e execución das obras.
  • Realizar os informes que recollen as condicións da actuación susceptible de subvención
  • Facilitar a estimación dos custos da obra e o cálculo da axuda correspondente
  • Facilitar a documentación necesaria para a tramitación da licenza urbanística no caso de obras menores
  • Realizar a tramitación administrativa e levar o seguimento para a percepción das axudas
  • Realizar o seguimento técnico necesario durante a execución das obras menores (co-seguimento cos técnicos directores no caso de obras maiores), facilitando e asesorando ás empresas construtoras na correcta execución das obras en base aos requisitos establecidos nas axudas, licenza e demais normativa vixente
  • Propoñer e realizar estudios en distintos ámbitos da cidade susceptibles de ser beneficiarios de axudas públicas en materia de rehabilitación e rexeneración urbanas
  • Difusión das noticias relacionadas coas axudas públicas en materia de vivenda a través dos medios de comunicación e redes sociais
  • Creación dun portal de acceso a través da páxina web do Concello coa información relativa ás axudas públicas en materia de vivenda así como a actividade realizada na Oficina ARI
  • Realizar campañas de asesoramento para a solicitude das axudas á vivenda a través dun stand informativo na rúa que fomente a participación cidadá na rehabilitación do ámbito
  • Coordinar e xestionar as axudas a vivenda dos expedientes iniciados a través de outros departamentos municipais, especialmente Urbanismo e Servizos Sociais
  • Creación dun rexistro de empresas de construción especializadas en rehabilitación de vivendas e edificios en resposta á demanda xerada por parte dos propietarios por un lado e, por outro, as propias empresas interesadas en desenvolver a súa actividade na zona
  • Realizar enquisas de satisfacción aos usuarios da Oficina ARI co obxectivo de mellorar a prestación do servizo e fomentar a participación cidadá

DATOS DA OFICINA:

ENDEREZO

OFICINA MUNICIPAL DE REHABILITACIÓN ARI MARÍN
RÚA MÉNDEZ NÚÑEZ, 51 – ENTREPLANTA – LOCAL 9
36900 MARÍN – PONTEVEDRA
TELÉFONO-FAX
986890488
E-MAIL
ari@concellodemarin.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR