O núcleo de Bexe, na parroquia de Seixo, contará con rede de abastecemento de auga. Así o anunciou o Concello de Marín, que aprobou en Xunta de Goberno Local o proxecto definitivo para instalar este servizo público no núcleo, que tradicionalmente surtíase deste servizo a través de traídas privadas.
Tal e como explica o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “ata agora esa conexión privada supoñía que nos meses da etapa estival as vivendas tivesen problemas de abastecemento”. Por iso, esta instalación era unha demanda veciñal desde hai anos e por iso o Goberno local encargou un proxecto para a súa dotación.
Despois de estar o tempo que esixe a normativa a exposición pública, finalmente este mediodía aprobouse o proxecto definitivo, que beneficiará a 33 vivendas e que suporá unha inversión de 161.962,12 euros, que se financiarán con cargo ao remanente de Tesourería.
O proxecto conta con todas as autorizacións sectoriais correspondentes, de Patrimonio, de
Augas de Galicia e da Axencia Galega de Infraestruturas.