Contacto | Tel.:986 88 03 00

Bases Gala do Deporte 2015.

Tratando de resaltar e valorar á laboura deportiva das nosas persoas, organismos, institucións públicas e entidades privadas que de algún xeito contribuíron de forma notoria a engrandecer e ampliar a práctica deportiva da nosa localidade, celébrase esta Gala do Deporte de Marín 2015.

A Gala do Deporte de Marín reúne edición tras edición ás persoas e institucións do deporte da nosa vila en torno a un día de festa. Por elo convócanse estes premios entre os deportistas e persoas relacionadas co mundo do deporte de Marín cunha traxectoria deportiva relevante, tratando de resaltar a laboura deportiva e o traballo realizado de todos os que de algún xeito fan do deporte o centro das súas vidas.

DOCE son os premios ós que poden optar as persoas físicas, clubs deportivos e entidades do municipio que cumpran cos requisitos establecidos para cada un de eles.

As candidaturas para optar ós premios poderán ser presentadas por calqueira entidade deportiva local, clube ou asociación, así como a proposta do xurado.

Esta convocatoria é realizada pola Delegación de Deportes do Concello de Marín e valoraranse os méritos acontecidos durante o ano deportivo 2015.

Bases

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies