Contacto | Tel.:986 88 03 00

Bases Adxudicación Hortas Urbanas.

O Concello de Marín, a través da Concellería de Medio Ambiente, quere continuar coa promoción das Hortas Urbanas Ecolóxicas como unha alternativa de ocio saudable para aqueles veciños que se interesen pola agricultura tradicional e ecolóxica, actividade que ven dando os seu fruto dende o ano 2012 e que por elo este Concello pretende continuar coa devandita iniciativa.

O proxecto segue a pretender organizar unha actividade lúdico-educativa coa finalidade de fomentar a participación da poboación na recuperación e mantemento dunha agricultura respetuosa co medio ambiente a través da creación e mantemento de hortas urbanas ecolóxicas, creando ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de ocio que fomente a súa vez a idea de desenvolvemento sostible.

As presentes bases teñen por obxecto a regulación do procedemento de concesión de autorizacións de uso dun ben demanial como son as hortas urbanas ecolóxicas situadas na parcela municipal que existe na fachada posterior do pabillón de deportes do Sequelo. Asimesmo, estas bases serán publicadas no tablón de edictos do Concello de Marín e na página web municipal.

 

1- Características

Para a creación das hortas urbanas o Concello de Marín habilitou unha parcela no lugar do Sequelo, na fachada posterior do pabillón de deportes. Dita parcela ocupa unha extensión aproximada de 2000 m², dos cales aproximadamente 900 m² están adicados as hortas urbanas.

Realizouse unha parcelación do terreno, resultando un número de 71 parcelas de entre 10 e 12 m².

As hortas urbanas están concebidas como un sistema que permite o cultivo individual de pequenas parcelas de terra de forma tradicional mediante o emprego de técnicas de cultivo ecolóxico, quedando prohibida a utilización de calquera elemento químico, ben sexa fitosanitario, herbicida ou abonado.

Por parte do Concello realízanse visitas periódicas ás hortas urbanas para verificar si se cumplen as normas establecidas respecto do cultivo ecolóxico. Si o Concello observara que durante o prazo de un mes, non se dispuxera da parcela concedida, poderá adxudicarlla a outro solicitante seguindo a estricta lista de reserva, e em caso de que non exista reserva, seguirase a estricta orde de presentación fora do período de inscripción, cos criterios das devanditas bases.

 

2- Obxectivos do proxecto

* Fomento da participación cidadá e do desenvolvemento sostible.

* Promover a Educación Ambiental.

* Establecer e valorar as relaciós entre o medio natural e as actividades humanas.

* Facilitar o contacto directo e a manipulación de elementos como a terra, a agua, as prantas, etc., proporcionando unha experiencia enriquecedora.

* Coñecer as técnicas de cultivo da Agricultura Ecolóxica.

* Fomentar a adquisición dunha serie de valores que nos motiven a sentir interés e preocupación por conservar a biodiversidade e os hábitats naturais das especies hortícolas tradicionais e autóctonas.

* Realización de labor social de apoio a desempregados.

* Proporcionar o colectivo de maiores unha actividade lúdico-educativa, donde ademáis das labores propias da actividade, poderán enriquecernos con consellos propios da súa experiencia.

 

3- Poboación a quen se dirixe.

Se establecen os seguintes grupos: 

– 40 Hortas para xubilados ou pensionistas.

– 15 Hortas para persoas en paro que non reciban prestación por desemprego.

– 12 Hortas para veciños en xeral.

– 4 Hortas para persoas con Minusvalía (≥33%) ou que demostren Intolerancias Químicas.

DADO O INCREMENTO DA DEMANDA DE SOLICITUDES PARA A ADXUDICACIÓN DAS HORTAS URBANAS, NO CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES EXCEDA O NÚMERO DE HORTAS (71), PARA AS SOLICITUDES QUE TEÑAN O MESMO ENDEREZO DE EMPADRONAMENTO, SÓ SE ADMITIRÁ UNHA.

 

PARA CADA GRUPO SE FARÁ UN SORTEO ENTRE OS SOLICITANTES. NO CASO DE QUE OS ADXUDICATARIOS TEÑAN DISFRUTADO DUNHA HORTA URBANA O ANO ANTERIOR, ADXUDICARASELLE A MESMA HORTA, NO CASO DE QUE O SOLICITE.

 

SE ALGÚN DOS GRUPOS NON SE COMPLETA COAS SOLICITUDES PRESENTADAS, SE SORTEARÁN AS VACANTES ENTRE OS NON ADXUDICATARIOS DO RESTO DOS GRUPOS. 

 

Requisitos dos solicitantes e documentación a presentar

Poderán solicitar parcelas aquelas persoas físicas que xustificándoo pertenezan a algún dos seguintes sectores de poboación.

– Xubilados: veciños que se atopen en situación de xubilación e teñan máis de 65 anos ou cuxo único ingreso sexa unha prestación por invalidez.

– Parados sen prestación por desemprego: veciños que se atopen en situación de desemprego e non perciban prestación.

– Minusválidos: persoas que demostren ter unha minusvalía de a lo menos o 33%

– Intolerantes Químicos: Persoas que demostren xustificante médico de dita intolerancia.

– Veciños en xeral: aqueles veciños que non se atopen en ningunha das situacións anteriores.

 Prazo de presentación de solicitudes e procedemento de adxudicación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 3de decembro de 2015 e finalizará o día 21 de decembro de 2012 (ambos incluídos).

O sorteo das parcelas realizarase o vindeiro dia 29 de decembro nas dependencias municipais ás 12 horas.

 

  Prazo de cesión.

As hortas cederánse por un periodo de dous anos.

O concello aprobara as Bases para a adxudicación conforme a estos criterios os próximos días. 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies