As instalacións deportivas municipais contarán de novo con público, con aforo limitado e coa xestión dos clubs

As instalacións deportivas municipais contarán de novo con público, con aforo limitado e coa xestión dos clubs

13 maio 2021

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2021/05/NORMAS-DE-ACCESO-DEL-PÚBLICO.pdf” size=”large” color=”blue”]NORMAS ACCESO[/button]

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, informou esta mañá de que as instalacións deportivas municipais poderán volver contar con público, pero baixo unha serie de normas de acceso que se poderán consultar na web do Concello de Marín.
O acceso unicamente estará aberto para cando se desputen encontros do calendario oficial. Por cada club participante no encontro (local e visitante), permitirase a entrada dun máximo de 20 persoas (incluídos directivos ou persoal do citado club).
Previamente é celebración do encontro, deberá obrar en poder do Concello a listaxe de persoas que asistirán como público á instalación, na que consten nome, apelidos e DNI. O acceso á instalació só estará permitido 15 minutos antes do horario fixado para o inicio do encontro.

O club local vixiará que só entren as persoas que estean no listado. Non poderá acceder á instalación ningunha persoa que non figure nel ou que, estando rexistrada, teña unha temperatura superior a 37,5graos. Esta comprobación de termperatura será de obrigado cumprimento para o club local.

Unha vez finalizada a entrada de público e iniciado o encontro, non se permitirá a entrada de ninguén máis. En cada instalación, indicaranse os asentos dispoñibles, así como as zonas que ocuparán, por separado, as aficións local e visitante.

Anterior O Concello desvela os gañadores do XVI Premio de Narración Curta do Concello de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados