12 maio 2021
As concelleiras Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña recibiron esta mañá de mans do arqueólogo Juan Castro, de Anta da Moura, un informe no que se detalla o inventario completo das máis de 500 pezas que forman parte do fondo municipal do Museo Manuel Torres.
Tal e como comentou Juan Castro, “inicialmente estas pezas atopábanse na Biblioteca, pero despois pasaron aos fondos museísticos”. O arqueólogo aclara que as pezas “proveñen de distintas partes do Concello vinculados a xacementos arqueolóxicos pero que non teñen que ver con exacavións arqueolóxicas, senón que foron achegas de veciños e demáis que aparecían ao longo do tempo”.
O valor histórico destas achegas radica na información que aportan dalgunhas épocas da historia de Marín, desde o Paleolítco ata o mundo contemporáneo. “Era imprescindible clasificar estas pezas, inventarialas e telas en condicións de ser consultadas polos investigadores que teñan interese”, asegura o experto.
Entre as máis de 500 pezas que se inventariaron, destasca o material cerámico, pero tamén a pedra, os metais… “Hai materias que aínda que non teñen contexto arqueolóxico son moi interesantes, como uns romanos que apareceron en Portocelo e que debían pertencer probablemente a un antigo asentamento romano que debeu extir por esa zona”, apunta Castro.
Ademais, documentáronse algunhas pezas singulares, como unha ánfora romana que apareceu no mar
e está prácticamente completa e que se pode ver no Museo, distintos fragmentos de muíños circulares,
típicos dos castros, ou varias anforetas de india