Andainas de Primavera 2016.

Andainas de Primavera 2016.

O tema central destas anainas é o patrimonio cultural, e entorno a el xirarán as 3 saídas programadas, se ben non se renuncia á natureza e paisaxe que nos ofrece cada percorrido. Terán as seguintes características:

Levaranse a cabo no mes de xuño en tres fins de semana consecutivos, sempre en domingo pola mañá.
Horario: na franxa de 09:00 – 15:00 h., excepto unha que será de xornada completa, informándose para cada unha delas da hora de partida e regreso prevista. A duración estimada de cada unha das andainas é dunhas 3 h., á marxe do transporte ata o punto de partida e retorno.
Trátase de percorridos asequibles, con distancias de 7 quilómetros como moito, a fin de que podan disfrutalas o maior número de persoas posible.
Guiadas por 2-3 monitores.
Só unha terá un desprazamento en autobús, que terá como punto de partida e regreso a praza de España, como xa é habitual.
É necesaria inscrición previa, cun número máximo de 50 persoas en dúas das andainas e 75 na última, que realizarase no Museo Torres.

Programa

5 de xuño. A primeira andaina se realizará en Marín e a denominamos Do Neolítico aos romanos, xa que visitaremos varios xacementos arqueolóxicos dese arco cronolóxico. Percorrido circular con saída e regreso no castro de A Subidá, e chegando ata o menhir de Currás. Tamén disfrutaremos da paisaxe que nos ofrece esta ruta.

12 de xuño. Desprazarémonos ao concello de Cangas do Morrazo para a andaina que denominamos Facho de Donón, xa que este lugar será o atractivo principal da andaina. Asentamento da idade do Bronce e do Ferro e despois santuario galaicorromano, trátase dun dos castros máis interesantes de Galicia. Á marxe disto por suposto a fantástica paisaxe da Costa da Vela e das rías de Vigo e Pontevedra.

19 de xuño. A última das andainas será na Illa de Sálvora, Riveira. Pertence esta illa ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, e reúne unha serie de valores naturais, históricos e paisaxísticos que fan dela unha visita imprescindible. Disporemos ademais de moito tempo de lecer, para aproveitar por exemplo na praia. Tamén resultará moi atractivo o desprazamento ata o Arquipélago de Sálvora que faremos dende o porto de Bueu.

Recomendacións:
Roupa e calzado apropiados.
Tendo en conta as datas: auga, protector solar e gorra.
Consulta a predición meteorolóxica por se necesitas chubasqueiro ou algo de abrigo.
Para a visita a Sálvora: cada un debe levar a súa comida e bebida para o xantar, e disporemos de tempo para disfrutar da praia, así que bañador e toalla.

Anterior Lista Provisional Admitidos Policia Local.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados