Contacto | Tel.:986 88 03 00

ALCALDES DE MARÍN

A seguir lémbranse todas aquelas persoas que nalgún momento da súa vida foron o alcalde de Marín e tiveron moito que ver no devir da nosa vila. Unha vila que no ano 1800 chamábase Porto de Marín e cuxa corporación municipal estaba composta só por cinco persoas. As primeiras asembleas estiveron constituídas por pequenos grupos de xente que comezaron utilizando un edificio (ao menos dende que hai constancia de datos) sito na rúa Calzada, construído en 1744, que se deixou en 1860 e que foi derribado para dar paso a unha moderna construción no ano 2004. Hoxe as corporacións municipais están constituídas por un maior número de persoas e ocupan o actual edificio dende o ano 1931.

Posiblemente o feito que chama máis a atención é que, con frecuencia, a alcaldía era ocupada por persoas distintas nun mesmo ano. Iso obedecía aos cambios que continuamente se producían e que se debían á inestabilidade social e política da época e que propiciaron numerosos cambios na forma de goberno.

Hoxe, coa democracia, aínda que menos, tamén os hai. As persoas que a continuación se relacionan, poden ter realizado un labor discutible, para uns ou para outros, pero forman parte da historia da nosa vila e isto é tan indiscutible como o dito “Nunca se goberna a gusto de todos”.

Alcaldes da Vila:
Domingo Antonio do Pazo (1809)
José Bernardo Piñeiro (1811)
José Benito Fazanes Acuña (1813)
Miguel Vigo Alvarez (1814)
Thomás Naviera Malvar (1815)
Miguel del Río (1816)
Juan Antonio Romero (1816)
Miguel del Río (1817)
Josef Añino (1818-1820)
Juan Antonio Méndez ó Menéndez (1820)
Narciso Rodríguez (1821)
Manuel González (1822)
Manuel Graña (1823)
Guillermo Lamotte (1824-1825)
Manuel Blanco (1826-1827)
Manuel de los Santos (1827)
Manuel Estévez (1828)
Manuel Miñán (1829-1830)
Manuel García Muñiz (1830)
Manuel Arrufana (1831)
Domingo Antonio Recamán (1832)
Sebastián Graña (1835-1837)
Juan Orxe (1838)
Nicolás Rodríguez (1839)
Manuel Fernández (1840)
Juan Orxe (1841)
Antonio González (1842-1843)
Juan Orxe (1844-1845)
José Fontenla (1846-1849)
Roberto Munáiz (1850-1852)
Antonio González Troncoso (1853-1854)
Angel Artime (1854)
Juan Estévez (1854-1856)
José Aguete (1856-1858)
Juan Fábregas (1859-1862)
Antonio Graña (1863-1864)
Manuel Pazos Nantes (1865-1868)
Evaristo Vázquez Limases (1868)
Francisco González Garay (1869)
Justo Nobás González (1869)
Antonio Oliveyra Rodríguez (1869-1870)
Angel Casas González (1870-1871)
Antonio Oliveyra Rodríguez (1872-1874)
José Loyra Loyra (1874)
Manuel Ferro Novo (1874)
Juan Rocafort (1874-1876)
Benito Ríos Veiga (1876)
José Vidal Pazos (1877-1880)
Juan Rocafort (1881-1882)
Francisco González Garay (1883-1885)
Benito Cerqueiro Torres (1885)
Manuel Durán González (1885-1890)
Antonio Pazos Fontenla (1890)
José Martínez Touza (1891)
Benito Touriño García (1891-1894)
Juan Rocafort (1894)
Salvador Rocafort Burcet (1894-1897)
José Martínez Touza (1897)
Benito Cerqueiro Torres (1897-1899)
Antonio Pazos Fontenla (1899)
Narciso Estévez Rodríguez (1899-1902)
Hipólito Hermida Oubiña (1902-1904)
Manuel Losada Paredes (1904-1905)
Diego Ballesteros Pardiñas (1906)
Juan Iglesias Puga (1906-1908)
José Sobral Portela (1908-1911)
Narciso Estévez Rodríguez (1911-1912)
Narciso Estévez Rodríguez (1911-1912)
Félix Massó Veiga (1912-1914)
José del Río Paredes (1914-1915)
Manuel Pidre Sequeiros (1915)
José del Río Paredes (1916-1917)
José Pérez Graña (1920)
Narciso Nores Salgado (1920-1922)
José del Río Paredes (1922-1923)
Andrés Santiago Santiago (1923-1924)
Francisco Crespo Casal (1924)
José Teijeira Fernández (1924)
Ezequiel Massoni González (1924-1925)
JoséTeijeira Fernández (1925-1926)
Ezequiel Massoni González (1926-1930)
Narciso Nores Salgado (1930)
José Alcántara Fernández (1930-1931)
Gonzalo Martín March (1931)
Agustín Rey Fonseca (1931)
Antonio Blanco Solla (1931-1934)
Nicolás Vinteño Romero (1934-1935)
Ezequiel Massoni González (1935-1936)
Antonio Blanco Solla (1936)
José Alcántara Fernández (1936-1938)
José González Pérez (1938-1943)
Ezequiel Massoni González (1943)
Francisco Pérez Crespo (1943-1957)
Félix Massó Taboada (1957-1961)
José Luis Núñez Pérez (1961-1962)
Raúl Santiago Taracido (1962-1968)
Alfonso Tomás Martín Suárez (1968-1973)
Benito Hermida Cebreiro (1973-1977)
Antonio Manuel Martínez Arias (1977-1979)
José Manuel Pierres Martínez (1979-1981)
José Emilio Esperón Rodríguez (1981-1983)
Antonio Pena Piñeiro (1983-1987)
José Manuel Pierres Martínez (1987-1991)
Gonzalo Arís Leiro (1991-1992)
Francisco Antonio Santiago Fernández (1992-1995)
Augusto Casal Sánchez (1995-1999)
Francisco Antonio Santiago Fernández (1999-2007)
Francisco Andrés Veiga Soto (2007-2011)
María Ramallo Vázquez (2011 – …)

Sempre baseándonos nos datos que parten do ano 1809, e como simples anécdotas, diremos que, ata estes momentos, o noso concello foi dirixido en 107 ocasións; esta función foi desempeñada por 84 persoas distintas, e delas as 23 estiveron en posesión do nome de José, que foi o máis habitual. “Marín no tempo” Laureano Mayán Taboada.
Nestes  momentos, o Concello está dirixido por Dona María Ramallo Vázquez que se  converteu na primeira muller que asume o cargo de Alcaldesa de Marín.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies