Contacto | Tel.:986 88 03 00

Actos do Día Internacional da Muller.

Este ano o Consello Municipal da Muller decidiu por unanimidade dedicar o “Día Internacional da Muller” ao labor que desenvolveron as mestras como transmisoras do noso legado cultural, a pesares das dificultades que presentaba ser muller nunha sociedade marcadamente masculina.

No século XVIII, apenas o 1% da poboación feminina sabía ler e escribir. A educación era un privilexio practicamente vetado á muller. Os nenos ricos tiñan un titor e as nenas, unha institutriz que as adestraba para o seu futuro papel de esposas e nais.

As mestras foron mulleres innovadoras, sempre na procura de novos métodos pedagóxicos, nunca deron un paso atrás fronte as dificultades que lle impuxeron as condicións sociais.

Moitas foron incansables viaxeiras que coas súas maletas cheas de historias, percorreron distintas escolas ata botar raíces en Marín. Outras moitas, partiron deste municipio para ensinar noutros lugares. A todas elas grazas por facer da ensinanza un camiño cheo de valores, coñecementos e experiencias.

Antes de comezar con este sinxelo homenaxe, queremos agradecer aos centros educativos a súa colaboración para levar a cabo a exposición que está situada no Multiusos da Praza de Abastos “Querida mestra”. Tamén ás mestras e persoas coñecedoras do seu labor que participarán neste acto.

Unha emotiva lembranza para ás profesoras que fixeron da ensinanza unha forma de vida, mulleres comprometidas que ensinaron a camiñar a moitas xeracións.

Por iso esta mañá, na praza 8 de marzo, a Alcadesa de Marín, xunto coa concelleira de benestar social, e representantes de todos os partidos políticos, E.N.M, autoridad porturaria, Capitanía marítima, policía nacional e policía local, participaron  NO ACTO DE HOMENAXE ÁS MESTRAS, que estiveron represenntadas por:

CARMELA CASTRO MARINO. Profesora xubilada no CEIP de Ardán, despios de 21 anos nese centro, marinense de adopción que con 20 anos comezou a sús andaina como mestra, a sús filla Susana e o seu fillo Álvaro continuan o seu camiño no profesorado.

MARIÁN FARIÑA. Profesora xubilada que percorreu diferentes centros escolares marinenses, A Laxe, O Carballal, O Sequelo e o Centro de Educación Especial Xoan XXIII. Mestra titulada nos anos 60, cuxo pais tamén mestre, contuibuiu a decidir a súa vocación.

MARÍA JESÚS ARIZ. Mestra marinense xubilada do CEIP A Laxe, Filla da mestra Mª Cristina Molas Iglesias, unha das primeiras mestras de escola unitaria de Marín.

MARÍA DEL MAR ÁVILA. Profesora en activo de Pedagoxía Terapéutica, que deixou en Marín a sús maleta viaxeira para dar clase actualmente no CEP O Sequelo. Filla da mestra Amparo López, mestra de Escola Unitaria no ano 1960.

MARTA PIÑEIRO OTERO. Coñecida polo seu labor social no municipio, estudosa e investigadora do papel cultural da poboación evanxélica en Marín, incluíndo ás primeiras mestas evanxélicas. Licenciada en Historia.

E XA POLA TARDE,NO  MUSEO MANUAL TORRES, tivo lugar a VISITA GUIADA A CARGO DA ARTISTA MARINENSE CELESTE GARRIDO, e unha  CHARLA- COLOQUIO Educar na viaxe pola vida: as nosas mestras. Impartida por  Mª José Méndez Lois:

Conmemoramos o “Día Internacional das Muller”, unha conmemoración que este ano o Consello Municipal da Muller decidiu, por unanimidade dedicar ó labor das mestras á longo da historia.

Mulleres ilustradas e ilustres galegas que transmitiron o amor pola ensinanza a moitas nenas e nenos.

María José Méndez Lois é unha de esas mulleres, Doutora do Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Orientación Educativa e Titoría.

As líñas de investigación nas que traballa céntranse na igualdade de oportunidades en educación, a formación e a orientación académico profesional e o desenvolvemento humano.

Coordinou, en colaboración, as seguintes obras: Xénero e igualdade de oportunidades: materiais para a formación (2006), Elixir o futuro sen prexuizos (2006), Patróns educativos para a igualdade de oportunidades: axentes de socialización (2007), Convivencia e Igualdade: dimensións e retos educativos (2008), Mulleres na educación en Galicia (2009), Emprego e igualdade: propostas socioeducativas(2009), Respostas socioeducativas para a igualdade na escola (2011), Igualdade de trato: retos e respostas socioeducativas (2012) e Mellora da comunicación igualitaria. Análise e estratexias socioeducativas no ano 2015..

Desde 2014 coordina o seminario permanente de emocionalidade, xéneros e desenvolvemento humano (EXDEHU) do ICE da USC. É membro do Grupo Galego de Estudios para a Formación e a Inserción Laboral (GEFIL) e da Rede RIES (Rede de Inmigración, Escola e Sociedade).
Participa como profesora en programas e cursos de especialización e formación continua do profesorado de diversos niveis educativos.

Co título Educar na viaxe pola vida: as nosas mestras , continuará a súa andaina coa maleta viaxeira de tantas mestras que moi amablemente foi recollida cando a chamamos para formar parte desta conmemoración.

muller2

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR