Contacto | Tel.:986 88 03 00

Actos do Día Internacional da Muller. Concello de Marín. CIM

Actos do Día Internacional da Muller. Concello de Marín. CIM

2-17 de marzo. Centros educativos
Contacontos Contos da avoa Maruxa “O TREN VIOLETA “, exposición “Unha viaxe no tempo. Muleres ilustres da nosa historia” e “Taller sobre violencia de xénero”. Reparto de material para traballar nas aulas a temática. ( colga portas que realizarán as propias nenas e nenos “Espazo Igualitario”).

2-19 de marzo. Vestíbulo do Concello.
Exposición “As nosas matronas”, con material prestado por familias de matronas de Marín e asociacións do municipio.

2 de marzo. 11.00 horas. Recinto do Mercadillo.
Creación dunha viñeta en directo a cargo de Luis Davila “O bichero”, humorista e deseñador gráfico galego.

Reparto de material conmemorativo do “Día Internacional da Muller”

8 de marzo. 12.00 horas. Praza 8 de Marzo.
Lectura do manifesto e acto institucional dedicado ás matronas.

Tecido comercial de Marín e asociacións.
Campaña colga portas pola igualdade. Distintivo de ESPAZO IGUALITARIO.

10 de marzo. 18.00 horas. Museo municipal “Manuel Torres”
Ciclo de cortos “Cinema e Muller”. Obra colaborativa feita por mulleres que ofrecen dez olladas poéticas e xenuínas. Financia Deputación de Pontevedra.

10 de marzo.19.30 horas. “Museo Municipal Manuel Torres”
Ciclo de charlas “Muller e saude”. Asociación de mulleres “O Abeiro”

*Se chove os actos serán trasladados ao Salón de Plenos da casa consistorial.

O Concello de Marín, dende a Concellería de Benestar Social informa que en sesión ordinaria do 23 de xaneiro, o Consello Municipal da Muller, acordou adicar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller,ó labor que desenvolven as matronas, oficio tan antigo como a humanidade mesma. As matronas tradicionalmente eran consideradas mulleres sabias que pola súa idade e experiencia axudaban a outras mulleres durante o parto.

A primeira matrona da que se ten constancia na historia foi a grega AGNÓDICE (século IV a.C.). Para poder estudar e exercer a medicina, prohibida naquela época ás mulleres, tivo que disfrazarse de varón. Foi acusada de violación polos seus compañeiros de profesión e para defenderse tivo que revelar a súa identidade. Tal feito agravou a súa situación, pois o exercicio da medicina estaba prohibido para as mulleres, o que supoñía unha condena de morte. Mulleres atenienses de todas as clases sociais que foran atendidas por ela, optaron por iniciar unha folga de relacións sexuais para non quedarse embarazadas e presionar con este feito para solicitar a absolución de Agnódice. Finalmente conseguiron o seu propósito e lograron a liberdade da matrona e o libre exercicio da súa profesión xa como muller. Máis tarde sería modificada a lei para facilitar o acceso das mulleres aos estudos e o exercicio da práctica médica coa condición de que só atenderan a mulleres.

Co obxectivo de valorar o traballo realizado polas matronas terá lugar un acto público institucional na Praza 8 de Marzo, que poderá ser trasladado ao Salón de Plenos do Concello no caso de choiva. Este acto celebrarase ás 12.00 horas o día 8 de marzo.

Así mesmo, estase a organizar unha exposición sobre o tema con material ginecolóxico e documentos cedidos polas familias das matronas que exerceron a súa profesión en Marín para o mes de marzo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR