Contacto | Tel.:986 88 03 00

Delegacións xenéricas e especiais

Tras a celebración das eleccións locais do 24 de maio de 2015, e constituída o 13 de xuño a Corporación, procede que por esta alcaldía se diten as resolucións en materia de delegacións  necesarias para proceder ao establecemento da nova organización municipal, de acordo co previsto na normativa aplicable.

Vistos os artigos 43 a 45 e 121 do R.D. 2586/1986, de 26 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización,  funcionamento e réxime xurídico, en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local, contidas na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, e demais lexislación complementaria  e, ao abeiro da habilitación contida no núm. 4 do artigo 23 da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, que permite ao/á alcalde/sa delegar o exercicio de determinadas atribucións nos membros

da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das delegacións especiais que, para cometidos específicos, pode realizar en favor de calquera concelleiro/a, aínda que non pertencese a aquela.

DELEGACIÓNS XENÉRICAS, referidas ás áreas ou materias determinadas que a continuación se indican, a favor dos seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

URBANISMO, FACENDA E PERSOAL MANUEL SANTOS COSTA

MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL MARÍA ANTONIA SAMARTÍN GARCÍA

CULTURA, FESTAS E DINAMIZACIÓN MARIA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ

TRÁFICO, POLICÍA LOCAL E MOBILIDADE FRANCISCO JOSÉ ESTEVEZ SALAZAR

TURISMO E COMERCIO MARÍA CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ

MEDIO RURAL PABLO NOVAS CABALLERO

DEPORTES E XUVENTUDE ANTONIO TRABA MIÑONES

As delegacións xenéricas previstas no punto anterior abranguen tanto a facultade de dirixir os servizos correspondentes como a de xestionalos e, en xeral, todas as funcións relacionadas coa área ou materia que se delega, pero sen facultades resolutorias, agás no caso da delegación conferida para a área de Urbanismo, Facenda e Persoal a favor de don Manuel Santos Costa, que inclúe tamén a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros, debendo en todos os casos ser informada previamente a Alcaldía da adopción de decisións de transcendencia.

DELEGACIÓNS ESPECIAIS para cometidos específicos:

– Don Benito Touriño Touriño: Coordinación dos servizos municipais no casco urbano, incluída na área de Medio Ambiente e Benestar Social.

– Dona Beatriz Rodríguez Gómez: Coordinación de eventos culturais, incluída na área de Cultura, Festas e Dinamización.

– Don José Cidrás Rosales: Coordinación de servizos nas distintas parroquias do rural, incluída na área de Medio Rural.

As delegacións especiais previstas no punto anterior comprenden a dirección interna e xestión dos servizos correspondentes, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

O concelleiro/a que ostente a delegación xenérica sobre a correspondente área terá a facultade de supervisar a actuación do/s concelleiros/as con delegacións especiais para cometidos específicos incluídos na súa área.

A Alcaldía conserva, en relación coas competencias delegadas, as facultades de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados a consecuencia da delegación, así como, a de ser informada previamente á adopción de decisións de transcendencia.

No exercicio das delegacións conferidas deberá facerse constar que se actúa con tal carácter.

As atribucións delegadas nesta resolución, non poderán ser, a súa vez, obxecto de delegación nun terceiro.

Estas delegacións non quedarán revogadas polo mero feito de producirse un cambio na titularidade da Alcaldía ou da Concellería. A revogación ou modificación na delegación deberá adoptarse coas mesmas formalidades que as esixidas para o seu outorgamento, sen prexuízo da súa advocación conforme á lexislación de procedemento administrativo común.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR