O Pleno Municipal

O pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía no goberno municipal. Está integrado polos concelleiros/as e presidido pola Alcaldía ou tenente de alcalde no que delegue. Controla e fiscaliza aos órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria e orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis. Corresponde ao Pleno o exercicio das atribucións sinaladas no artigo 123 da lei de Bases de Réxime Local. O regulamento do Pleno Municipal foi aprobado no ano 2013. Pode consultalo na ligazón. As sesións do Pleno son públicas. Poden ser de dúas clases: Ordinarias: celébranse con periodicidade mensual, os segundos mércores de cada mes, comezando as 20:00h. Extraordinarias: poden ser ademais urxentes: convócanse e celébranse na forma que a normativa vixente determina.