Plan de Sostibilidade Turística de Marín

Plan de Sostibilidade Turística de Marín

O Plan de Sostibilidade Turística é un proxecto que aspira a mellorar o enorme potencial turístico da nosa vila, sempre desde unha visión sostible e de respecto co noso medio, as nosas tradicións e a nosa cultura. 

Propostas como a restauración do Lago Castiñeiras ou a creación de piscinas naturais de auga salgada xunto ao Paseo Alcalde Blanco, xunto a moitas outras iniciativas como a remodelación do vial de praias, forman parte deste Plan de Sostibilidade, para o que acadamos 2 millóns de euros de financiamento por parte dos fondos europeos Next Generation.

O noso litoral, o patrimonio que acolle, as posibilidades de mellora nos desprazamentos, a reordenación dos espazos e a intensificación de medidas que permitan ter un Concello máis verde, son algunhas das liñas de actuación que entran dentro do Plan de Sostibilidade Turística.

Mellorarase a iluminación no tramo entre Mogor e Aguete e tamén está proxectado crear un aparcamento de autocaravanas e promover casas de turismo rurale albergues.

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados